No día de onte, Juan Ortiz Sanz, presentou a súa dimisión irrevocable como presidente do Muralla Rugby Club.
Hoxe, José Antonio Carro e Ventura Sobrido Álvarez, fixeron o mesmo como vogais na Xunta Directiva do Muralla Rugby Club.
Ventura Sobrido seguirá como responsable de desenvolvemento da sección de Touch Rugby.
Dende o clube darlles as grazas por todo o traballo realizado na Xunta Directiva e todo o aportado para a mellora do clube neste 2 anos e por suposto, agardamos que sigan colaborando con nós.
A Xunta Directiva seguirá ao fronte do clube provisionalmente ata que sexa convocada a Asemblea Xeral e se convoquen eleccións.
Xunta Directiva, MRC