Fundación Veteráns Lugo Rugby

Captura de pantalla 2017-11-02 a las 10.01.37

A Fundación Veteráns Lugo Rugby nace para aglutinar aos veteráns dos distintos clubes que existiron na Provincia de Lugo e que foron o xerme do que naceu o Muralla Rugby Club: Xabarín RC, Euita RC, Landrús RC e Maseda RC.

O seu obxectivo é a formación dun equipo de veteráns para competir xuntos cando se considere e representar deste xeito o rugby lucense, sen menoscabo de que cada un dos clubes disputen os seus propios partidos como veteráns cando se considere oportuno.

Asemade, tamén se pretende que a Fundación sirva de nexo de unión entre os antigos xogadores dos diferentes clubes e o Muralla RC, traballando todos xuntos a prol do desenvolvemento e crecemento do rugby lucense.

 

Advertisements



%d bloggers like this: