As competicións de liga en Galicia que tiñan previsto dar comezo nesta fin de semana, vense adiadas por mor da falta de claridade dende a Secretaría Xeral para o Deporte no referente ao protocolo a seguir para o deporte de contacto amateur. Dado a ausencia de clarificación por parte do organismo que pretende rexir o deporte en Galicia a FGR decidiu en reunión urxente da comisión delegada adiar o comezo e agardar a que o martes vindeiro se clarifiquen as condicións nas que se deberá desenvolver a competición nesta tempada.
O Muralla RC participará con equipos na LGR Masculina, LGR M18, LGR M16 e LGR M14, así como nas concentracións de M6 ata M12 se finalmente se permite a súa celebración.
O adiamento afecta aos partidos da liga M18 (Ferrol vs Muralla) e M14 (Fendetestas vs Muralla) xa que o partido do equipo masculino na Coruña diante de CRAT xa estaba adiado por acordo entre os dous clubes para o 6/7 de novembro.