Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

22 06 2021

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DO MURALLA R.C.

17 DE XULLO DE 2021

A todos os membros da Asamblea Xeral do Muralla R.C.

Pola presente, convócase Asemblea Xeral Extraordinaria do Muralla R.C., que se celebrará o día 17 de Xullo de 2021 ás 12:30 en primeira convocatoria e ás 13:00 en Segunda no Campo Municipal de Nadela aproveitando o Día do Clube.


Orde do día

1) Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2) Saúda da Presidenta en Funcións.
3) Informe Deportivo
4) Informe e aprobación se procede:

– Informe económico e contas 2020/2021

– Orzamentos e cotas para a tempada 2021/2022


6) Propostas dos membros da asemblea
7) Propostas de candidaturas para elección de presidente/a do Muralla R.C.
8) Convocatoria de Eleccións ou no caso de non existir candidaturas reelección da Presidenta en
funcións.
9) Rogos e preguntas


Tanto as novas candidaturas a presidencia coma as propostas dos membros da asemblea
deberán ser remitidas ao correo secretario@murallarugby.com, antes das 14 horas do día 14 de Xullo de 2021.

En Lugo, 22 de xuño de 2021

Isabel Móyer Bretón, Presidenta en funcións do Muralla Rugby Club

[DESCARGAR Convocatoria en PDF]


Accións

Información




A %d blogueros les gusta esto: