Volta á competición

23 03 2021

Logo dun complicado ano sen competición e apenas actividade por mor do Covid-19 o vindeiro 10 de abril volve a Liga Galega de Rugby onde o Muralla RC competirá na LGR Masculina, LGR Sub-16 e LGR Sub-14.

O equipo feminino non competirá nesta tempada logo de ceder a súa praza en División de Honor B a Pontevedra RC e non ter a mínima cantidade de xogadoras para disputar a LGR Feminina.

Unha competición a LGR que nesta atípica tempada terá un formato reducido, disputándose entre os meses de abril e xuño, cun regulamento adaptado que limitará as melés e outras situacións de contacto cara a cara.

Por outra banda, non se disputarán as xa habituais Concentracións de Rugby Base (categorías Sub-6 a Sub-12) para evitar riscos de contaxio nunhas xuntanzas que adoitan reunir a máis de 200 nenos e nenas.e

Os adestramentos levan en marcha dende o pasado mes de outubro pero limitados e interrumpidos en varias ocasións polas diversas modificacións nas limitacións ao deporte autonómico que foron comunicadas ao longo destes meses.

Os adestramentos celébranse baixo as normas indicadas polo Protocolo FisioCovid DXT Galego da Secretaría Xeral para o Deporte adaptado pola FGR para o rugby así como o protocolo interno do Muralla RC baseado en ditas directrices, sen que ata o día de hoxe se teña rexistrado ningún contaxio no ámbito dos adestramentos do clube.

A competición unha vez dea comezo tamén se rixirá por este procotolo.

En canto ao apartado de boas novas, temos que celebrar a remodelación do céspede do Estadio Gregorio Pérez Rivera por parte do Concello de Lugo e a dispoñibilidade de dous novos campos para adestramento, Nadela e o Campo de Atletismo da Cidade Cultural, que permitirán aliviar a carga sobre o Estadio G. Pérez Rivera.

Agardando que a normalidade volva pouco a pouco ao rugby seguimos a traballar para que o clube avance.




Accións

Información




A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: