Suspension das actividades durante as vindeiras dúas semanas

11 03 2020

⚠️ COMUNICADO | Tras acordar a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia na tarde de hoxe a suspensión do programa Xogade durante as 2 próximas semanas por mor da ‘crise do Coronavirus’ e considerando as medidas adoptadas ao respecto pola Federación Galega de Rugby nas que declara a suspensión das actividades durante o mesmo período de tempo, por parte de Muralla Rugby Club, en consecuencia, anunciamos:

  • Aprazamento ‘sine die’ da concentración de escolas de rugby prevista para este sábado 14 de marzo en Sarria e organizada polo clube.
  • Aprazamento dos partidos previstos para as dúas vindeiras semanas.
  • O resto de medidas a adoptar polo clube comunicaranse internamente segundo a evolución dos acontecementos.

Accións

Información




A %d blogueros les gusta esto: