Día do Clube e Asemblea Xeral

18 05 2019

O vindeiro 1 de xuño celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos o Día do Clube e Asemblea Xeral.

Un ano máis coincidindo coa fin da tempada o Muralla RC organiza o Día do Clube no que haberá xogos, xantar e entrega de diplomas aos nenos/as da Escola e Academia do clube.

Para o xantar cómpre anotarse ata o 29 de maio e os prezos serán de 5 euros para nenos e nenas ata 15 anos e 10 euros para adultos.

Neste ano ademais aproveitarase a xornada para celebrar tamén a Asemblea Xeral do Clube na que se presentará o novo presidente do clube, Juan Ortiz Sanz, quen presentará a súa directiva e expoñerá os plans do clube para a vindeira tempada. A candidatura de Juan Ortiz Sanz foi a única presentada nas eleccións logo da dimisión da anterior directiva encabezada por Iago Cobas no pasado día 30 de abril.

A Asemblea terá lugar ás 12:30 horas en primeira convocatoria e 13:00 horas en segunda, no Salón de Actos do Pazo de Feiras e Congresos e constará cos seguintes puntos na orde do día:

  • Estado de contas
  • Presentación da nova directiva
  • Planificación tempada 2019-20
  • Rogos e preguntas

Advertisements

Accións

Information




%d bloggers like this: