Xornada de formación da man de Juan González Marruecos, integrante do staff técnico da selección feminina de España

26 12 2018

O Muralla RC organiza mañá no Estadio Gregorio Pérez Rivera unha xornada de tecnificación para os adestradores de todas as categorías do clube impartida por Juan González Marruecos, adestrador de dianteira da Seleccion Española femenina de rugby. A xornada baixo o título de “Comprension do xogo” terá lugar en horario de mañá para ao finalizar celebrar un pequeno ágape no local social do clube.

Juan González Marruecos incorporouse fai un ano ao staff técnico da selección feminina de España, dirixido por José Antonio Barrio e do que forma tamén parte como fisioterapeuta o ex xogador do Muralla, Hugo García. Juan González Marruecos foi primeira liña no Ciencias Sevilla e ex internacional coa selección de España, foi tamén adestrador do equipo hispalense na etapa anterior a unirse á FER.

Por outra banda o sábado o Gregorio Pérez Rivera acollerá tamén durante todo o día concentración e adestramentos de la selección gallega femenina en categoría absoluta, e unhas xornadas de detección de talentos en sub-18 e sub-16 así como la presencia también de la selección asturiana femenina. A concentración contará ademáis coa supervisión de staff técnico de la Selección Española femenina de rugby.


Accións

Information




%d bloggers like this: