Derradeiros partidos do ano para masculino e Sub-14

21 12 2018

LGR Segunda División: Santiago RC vs Muralla RC

O equipo masculino do Muralla despide o ano viaxando a Compostela para medirse a Santiago RC nun partido correspondente á xornada 7 que fora aprazado no seu momento por mor de estar en obras o campo de Santiago RC.

Foto: MairaPhotoSport

Foto: Carlos Maira Teijeiro

Logo do golpe da derrota por un punto a 2 minutos do final no pasado partido diante do líder Zalaeta, os homes adestrados por Juan Carlos Arias buscarán a vitoria diante de Santiago, e deberán buscala con varias baixas importantes como as de Juan Baños ou a dos lesionados Fávio Araújo, Nico López e Jean Carlos Díaz.

Muralla e Santiago atópanse no terceiro e cuarto posto da liga respectivamente, cun partido menos que Zalaeta e Mareantes que ocupan os dous primeiros postos. A vitoria con punto bonus suporía para os lucenses alonxarse 9 puntos de Santiago e poñerse a 4 de Mareantes, vindeiro rival no mes de xaneiro tras o descanso de Nadal.

O encontro terá lugar este sábado 22 ás 18:15 horas no Campo de Rugby da USC da capital galega.

· Clasificación LGR 2

LGR Sub-14 Norte: CRAT vs Clínica Villamarín Muralla

O equipo Sub-14 viaxa na mañá do sábado á Coruña, para despedir o ano diante de CRAT. Ambos equipos ocupan os dous últimos postos do Grupo Norte, ambos con 5 puntos, nunha liguiña que dominan Ferrol e Ribadeo.

Foto: MairaPhotoSport

Foto: Carlos Maira Teijeiro

O encontro terá lugar este sábado ás 12:00 horas no Complexo Deportivo de Acea da Má.

· Clasificación LGR Sub-14 Norte

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: