O equipo feminino comeza este domingo a súa andaina na Fase de Ascenso

13 04 2018

20180317_180053_HDR-PANO

O equipo feminino disputará este domingo o seu primeiro encontro da oficialmente chamada División de Honor B que ven sendo a Fase de Ascenso á Liga Iberdrola DH, a máxima categoría do rugby feminino estatal, recibindo no Estadio Gregorio Pérez Rivera ao equipo navarro de La Única Rugby Taldea campioas da Liga Vasca de Rugby.

As mulleres adestradas por Edgardo Martínez, logo de proclamarse brillantemente gañadoras da Liga Galega clasificáronse automaticamente para disputar esta fase de ascenso, fase de ascenso da que sairá un equipo gañador que ascenderá directamente á Liga Iberdrola e un subcampión que disputará un play-off ante o penúltimo equipo clasificado de dita liga.

O formato da competición consiste en dous grupos Norte e Sur composto cada un por 4 equipos que xogan unha liguiña a unha volta, clasificándose para as semifinais os 2 primeiros de cada grupo. O Muralla quedou encadrado con GEiEG (Girona), La Única RT (Pamplona) e CDU Zaragoza, recibindo a La Única esta fin de semana, a CDU Zaragoza o día 28 e viaxando a Girona o 21.

Cartel MRC vs LURT Fem-02

O equipo máis potente do grupo é o das catalás de GEiEG, dunha liga de moito nivel e que parten como favoritas para rematar no primeiro posto do grupo. La Única, campioas tamén dunha liga forte como é a de Euskadi chegan a Lugo algo máis xustas de efectivos pero tamén como claras favoritas para levar a vitoria polo que o Muralla deberá empregarse a fondo especialmente en defensa para intentar sacar un resultado positivo.

20180317_184245_HDR

Máis igualado se presentará a priori o choque ante CDU Zaragoza nunha fase de ascenso á que o Muralla chega sen presión e co obxectivo de gañar experiencia e medir o seu nivel ante rivais diferentes de cara á posible creación na vindeira tempada dunha ‘auténtica’ categoría de prata para a que estarían clasificadas para xogar as mulleres do Muralla como campioas da LGR Feminina.

O encontro terá lugar este domingo 15 de abril ás 11:30 horas no Estadio G. Pérez Rivera e estará dirixido polo Sr. Belarmino Álvarez.

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: