Obxectivo cumprido

24 02 2018
O equipo feminino do Muralla venceu a Lalín por 22-12 no derradeiro partido da liga regular e deste xeito disputará a final da LGR Feminina en Lugo o vindeiro 17 de marzo, final que repetirá contendentes e que non só dará o título de liga ao equipo vencendor senón que tamén terá como premio o ascenso directo a División de Honor B.
O partido non fai doado para as mulleres adestradas por Edgardo Martínez, cunha primeira parte na que o equipo non acababa de funcionar e un Lalín moi ordenado que metía no seu campo a un Muralla que cometía moitos erros á man e pecaba de exceso de golpes de castigo.
Froito deste dominio Lalín acadaba o primeiro ensaio no minuto 19 e outro no minuto 30, este último transformado, que poñían o marcador en 0-12 para as visitantes e co Muralla cunha xogadora menos por expulsión temporal de María Veiga.
Ao filo do descanso o Muralla recortaba distancias por medio dun ensaio de Chelsea Neukum que deixaba o marcador en 5-12 para Lalín e coa necesidade da remontada por parte do Muralla na segunda parte, apoiadas polo gran ambiente da afición nas gradas do Gregorio Pérez Rivera.
No segundo tempo as mulleres do Muralla saían máis centradas e reducíanse os erros nos pases mantendo un gran nivel defensivo durante os 40 minutos.
No minuto 7 da segunda parte chegaba o inicio da remontada cun ensaio de Paola Pino, transformado por Chelsea Neukum que sumaba 7 puntos máis no marcador do Muralla RC.
A remontada culminaríase con dous ensaios máis nos minutos 60 e 77 obra de Alba Mur e Maitane Buján que deixaban o marcador no definitivo 22-12 que asegura que a final se celebre en Lugo.
…..
MURALLA RC 22 (5) | Paula Ben, Lili Manrique (Ángela de la Orden 41′), Paola Pino; Carmen Janeiro (Jone Cornejo ’74), Taylor Grzywacz; Marta Castro, Judith Hernández, María Santos; María Veiga (C), Chelsea Neukum; Alba Mur, Mariona Bordas (Maitane Buján ’20), Vero Marí, Jessica Martín; Lucía Corrales.
– Ensaios: Neukum, Pino, Mur e Buján
– Transformacións: Neukum
– Sin Bin: Veiga
CR LALÍN 12(12) | Coral Álvarez, Nery Restrepo, Nuria Diéguez; Eva Fernández, Patricia Lamas; Isabel López, Alexia Soto, Marta Varela; Tania Martínez, Paula García (C); Rosa Saco, Beatriz Ledo, Laura Rozas, María Vilar; Mariana Rodríguez.
– Ensaios: Varela, Ledo.
– Transformacións: Rodríguez.
Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: