Muralla vs Lalín: case unha final na loita polo primeiro posto

23 02 2018
As mulleres do Muralla reciben a Lalín no derradeiro partido da liga regular para ambos equipos, un partido decisivo no que se dilucidará quen remata na primeira posición ao final de dita fase, primeiro posto que ten como recompensa disputar a final en campo propio.

A final, a partido único entre o primeiro e segundo clasificados enfrontará a ambos clubes, claros dominadores do campionato o vindeiro 17 de marzo.

Captura de pantalla 2018-02-23 a las 17.26.58

Pero antes dese día, que será histórico para un dos dous clubes, ambos terán que loitar mañá por ese primeiro posto, loita na que parten con vantaxe as lucenses que que chegan invictas a este derradeiro partido e con 3 puntos máis que Lalín na táboa.

O equipo vencedor da final proclamarase campión da Liga Galega Feminina e acadará automáticamente o ascenso a División de Honor B, segunda categoría a nivel nacional que se creará na vindeira tempada. Ao mesmo tempo as gañadoras tamén se clasificarán para a fase de ascenso á División de Honor, aínda co ascenso a División de Honor B asegurada.

As mulleres adestradas por Edgardo Martínez terán suficiente con gañar ou empatar para asegurar ese primeiro posto que faría que a final da liga se disputase no Estadio G. Pérez Rivera.

Para o encontro o Muralla non contará coa maior parte das xogadoras cedidas mediante o acordo de filiación con CRAT mentres que Lalín contará coa baixa da súa xogadora máis destacada, a internacional Rocío García.

O encontro terá mañá sábado ás 16:30 horas no Estadio G. Pérez Rivera.

······

LGR Segunda División: o Muralla RC vs Mareantes Pontevedra RC cancelado

O encontro que se tiña que disputar tamén na tarde do sábado no Gregorio Pérez Rivera foi cancelado logo da comunicación por parte dos visitantes da renuncia a disputalo por mor de non ter xogadores suficientes para a convocatoria. Deste xeito o encontro, derradeiro tamén da liga regular, non se disputará e a vitoria será concedida ao Muralla por 7-0 e coa obtención dun punto bonus adicional e a sanción con un punto menos para Mareantes Pontevedra.

Deste xeito o Muralla deberá agardar aos resultados de Vigo e Santiago para saber se o equipo masculino acada a clasificación entre os catro primeiros que dan dereito a disputar os play-offs pola liga: se Vigo perde ou empata e/ou Santiago perde o Muralla logrará clasificarse.

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: