As categorías inferiores do clube, protagonistas da fin de semana

16 02 2018

As categorías inferiores protagonizan unha fin de semana na que os dous equipos senior do Muralla RC, masculino e feminino non teñen competición á espera dunha emocionante derradeira xornada da liga regular a vindeira fin de semana.

Escola de Rugby do Muralla RC

Os nenos e nenas da Escola de Rugby do Muralla RC participarán na quinta Concentración de Rugby Base da tempada, desta volta en Lalín, concentración que se celebrará na mañá do sábado no Estadio Manuel Anxo Cortizo da capital do Deza.

Nas Concentracións de Rugby Base, que se celebran mensualmente cun clube diferente como anfitrión en cada ocasión, serven para que os equipos de todos os clubes galegos das categorías Sub-6 a Sub-12 se reunan e disputen partidos entre eles aínda que non se teñen en conta nin o marcador nin hai unha clasificación, xa que o obxectivo non é que compitan senón que disfruten do rugby.

Nesta ocasión máis de corenta nenos e nenas do Muralla viaxarán a Lalín representando á Escola de Rugby, unha escola que está a medrar a moi bo ritmo e conta cuns 60 nenos e nenas, unha cifra que duplica o número con respecto a fai dúas tempadas.

DSC_0391.JPG

Liga Galega S14: Muralla RC vs Pontevedra RC

O equipo sub-14 do Muralla recibirá a Pontevedra na mañá do domingo na segunda fase da LGR S14 na loita polos postos do 5º ao 8º. O Muralla buscará a súa primeira vitoria da tempada, unha tempada na que compiten por vez primeira e na que hai que ter en conta que metade do equipo son xogadores e xogadoras sub-12 de segundo ano polo que veñen de facer un papel moi positivo diante de conxuntos máis experimentados e cun físico superior.

DSC_0406.JPG

A evolución ao longo da tempada foi en ascenso e intentarán refrendar esa mellora cun resultado positivo o domingo.

O partido terá lugar o domingo ás 11:15 horas no Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Sesión vermú e España vs Romanía no Local Social do clube

As actividades do clube na fin de semana complétanse cunha ‘sesión vermú’ no Local Social do Muralla (R/ Armando Durán, 44) que se celebrará o domingo a partir das 12:30 horas, despois do partido do equipo Sub-14 e co gallo do partido España vs Romanía, decisivo para a clasificación para o mundial de Xapón 2019 e que será retransmitido en directo por Teledeporte a partir das 12:45 horas. O evento, como todos os celebrados no Local Social está dirixido exclusivamente aos socios e socias e membros do clube que poderán disfrutar do encontro con prezos especiais nas consumicións.

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: