Xornada positiva para o Muralla RC

28 01 2018

LGR Feminina: Muralla RC 93-0 Vigo RC

O equipo feminino do Muralla arrasou a un Vigo RC que se presentou con trece xogadoras e rematou o encontro con tan só once por mor das lesións.

O partido, como amosa o resultado, foi de dominio constante do Muralla que non deu ningunha opción ante un Vigo moi mermado polas baixas.

No partido tan só houbo un equipo, o Muralla que acadou 15 ensaios ao final dos 80 minutos, con Lucía Corrales como xogadora máis destacada.

Deste xeito, as mulleres adestradas por Edgardo Martínez continúan invictas e líderes na LGR Feminina e encamíñanse cara a final.

························

MURALLA RC | 93 (58): Paola Pino, Coro Repullés, Lili Manrique (Ángela de la Orden ’53); Taylor Grzywacz, Carmen Janeiro; Judith Hernández, Lucía Corrales, María Santos; María Veiga (C), Raquel Fernández; Alba Mur, Vero Marí (Paula Ben ’41), Mariona Bordás (Marta Castro ’65), Jone Cornejo (Daniela Hernández ’60); Chelsea Neukum.

– Ensaios: Neukum, Cornejo, J. Hernández (2), Corrales (5), Repullés (2), Veiga, Grzywacz, Castro, Mur.

– Transformacións: Neukum (9).

VIGO RC | 0 (0): Alejandra Allue, María Álvarez, Estefanía Moreno; Antía López, Isabel Martos; Carmen Rodríguez, Carmen Mariño, Berta Álvarez (C); Carolina Costas, Azucena Alonso; Aixa López, Alba Fernández; Carlota Cao.

LGR Segunda División: Muralla RC 17-12 Vigo RC

Máis igualado estivo o encontro do equipo masculino que logrou remontar o partido no segundo tempo nunha emocionante e intensa loita entre ambos conxuntos. A tarde comezaba mal para o Muralla, coa lesión de Dani Sever no quecemento que deixaba ao equipo con tan só un cambio.

Os homes adestrados por Alfredo Pintor comenzaban o encontro encaixando un ensaio no minuto sete, para acadar a igualada seis minutos despois cunha gran xogada do apertura italiano Franco Cimino. Vigo acadaría un ensaio máis antes do descanso nun primeiro tempo no que o Muralla foi de menos a máis a pesar de rematar os primeiros corenta minutos cun marcador de 7-12.

No segundo tempo o Muralla saía decidido a levar o partido e aplicábase con máis intensidade con ataques prolongados con numerosas fases de dianteira que machacaban a defensa viguesa e dominaban territorialmente o encontro durante practicamente os corenta minutos do segundo tempo, aínda que os ensaios chegaban nos derradeiros 10 minutos do partido nun final de infarto.

No minuto 74 chegaba o primeiro por medio do capitán David Pérez logo dunha touch que igualaba o marcador en 12-12 a falta de 6 minutos para o pitido final. No minuto 76 chegaba o ensaio que confirmaba a remontada lucense, por medio do pilier Quique Díaz que lograba pousar o balón no zona de ensaio viguesa.

Deste xeito o Muralla acada unha importante vitoria que lle fai subir provisionalmente ao terceiro posto á espera do partido ante o líder Fendetestas o vindeiro sábado.

························

MURALLA RC | 17 (7): Ernesto Rey, Cristóbal Pérez, Quique Díaz; Jose Asín (Vili Roca ’58), Fávio Araújo; Claus Araújo, Manuel Castro, David Pérez (C); Felipe Flores, Franco Cimino; Alfonso Rodríguez, Noé López, Anxo Miranda, Jared Syllá; Dani Lago.

– Ensaios: Cimino, D. Pérez, Díaz.
– Transformacións: Cimino.

VIGO RC | 12 (12): Jorge Barbudo, Daniel Dorado, Brais Paradela; Mateo Dubois, Roberto Vázquez (Sergio Panozzo ’53); Ignacio Vicente (C) (Víctor Oitavén ’15), Álvaro Pastor (Antonio Alonso ’73), Santi Lemos; Marco Del Pozo, Alberto Da Silva; Miguel Abadía (Pablo Carrera ’68), Miguel Losada, José L. Cambeiro (Brais Vila ’50), David Comesaña; Brais Pérez (Javier Álvarez ’58).

– Ensaios: Vicente, Pastor.
– Transformacións: Da Silva.

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: