LGR Segunda División: Muralla RC 88-0 Ourense Rugby

21 01 2018

O Muralla esnaquizou a un Ourense que tan só puido presentar 14 xogadores ao encontro por mor das baixas e xogadores convocados co primeiro equipo, rematando o encontro con 13 xogadores por mor dunha lesión.

O segundo equipo de Ourense Rugby encaixou 14 ensaios nun encontro que foi un monólogo do Muralla que non tivo piedade co rival, rival quen tan só foi quen de achegarse nun par de ocasións á liña de 22 local. O marcador completouse con 9 transformacións por parte do apertura Franco Cimino.

O Muralla, tampouco sobrado de cambios, tan só un, rematou tamén o encontro con 14 xogadores polas lesións de Andrés Fernández e Manuel Castro.

Deste xeito, os lucenses sumaron 5 puntos moi necesarios e agardan á vindeira fin de semana na que reciben de novo, en Lugo ás 18:00 horas, ao segundo equipo de Vigo RC co obxectivo de sumar 5 puntos máis que lles permitan manterse con opcións nos primeiros postos.

···············

MURALLA RC | 88 (50) Ernesto Rey, Cristóbal Pérez, Quique Díaz; Andrés Fernández (Vili Roca ’40), Fávio Araújo; Manuel Castro, David Pérez (C), Marcos Raposo; Felipe Flores, Franco Cimino; Antón Fernández, Cláudio Araújo, Anxo Miranda, Alfonso Rodríguez; Dani Lago.

– Ensaios: Manuel Castro, Marcos Raposo (2), Franco Cimino (3), Alfonso Rodríguez, Ernesto Rey, Antón Fernández, Cláudio Araújo, David Pérez, Vili Roca (2), Cristóbal Pérez.

Transformacións: Franco Cimino (9).

OURENSE RUGBY | 0 (0) José Luis Álvarez, Moisés Montes, Luis Vuelta; Cristian Rodríguez, Anxo Calvo; Timothee Braik, José Manuel Díaz, Borja Leyenda (C); Javier Pérez, Luis Miguel Pereira; Nicolau Felix, Anxo Martínez, Jesael García; Guillermo Caride.

 

 

 

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: