Muralla vs Ourense e Concentración de Rugby Base de Ferrol

19 01 2018

LGR Segunda División: Muralla RC vs Ourense Rugby

O Muralla recibe a Ourense Rugby na xornada 11 da Segunda División da Liga Galega de Rugby coa necesidade de gañar para poder seguir loitando por xogar os play-offs pola liga.

Logo dunha mala xeira de resultados nos dous últimos encontros, marcados polas dificultades para presentar un quince competitivo, os homes adestrados por Alfredo Pintor intentarán sacar un resultado positivo diante dun Ourense que se atopa nas posicións baixas da táboa.

O Muralla tentará facer valer a súa condición de locais no Gregorio Pérez Rivera e acadar unha vitoria que supoña un punto de inflexión de cara o sprint final do final de tempada.

O quince lucense recupera a unha peza importante no equipo como a de Marcos Raposo logo da súa ausencia por lesión no derradeiro partido diante de CD Zalaeta.

O encontro terá lugar este sábado ás 16:30 horas no Estadio G. Pérez Rivera.

Concentración de Rugby Base de Ferrol

Máis de corenta nenos e nenas da Escola de Rugby do Muralla RC viaxarán na mañá do sábado a Ferrol para participar na Concentración de Rugby Base organizada por CR Ferrol. Esta é a cuarta concentración da tempada despois das de Vigo, A Coruña e Lugo, e nela participarán equipos dende Sub-6 ata Sub-12 de clubes de toda Galicia.

 

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: