Resultados dispares na fin de semana

14 01 2018

LGR Feminina| Ourense 24-39 Muralla RC

O equipo feminino do Muralla continúa a súa carreira cara a final da LGR Feminina cunha nova vitoria a domicilio que lles permite continuar invictas na liga e liderando o campionato con autoridade.

O encontro comezou de cara para as mulleres adestradas por Edgardo Martínez dominando claramente tres cuartas partes do partido agás os derradeiros vinte minutos nos que o Muralla se relaxou en exceso, feito que aproveitou Ourense para recortar distancias no marcador. Resultado positivo logo da falta de adestramentos e o descanso de Nadal e sen contar con varias xogadoras cedidas polo CRAT destacadas en partidos anteriores.

Por parte do Muralla acadaron os ensaio Lucía Corrales (4), Alba Mur (2), María Santos. Acadáronse dúas transformacións obra de Iris Vega e Daniel Hernández.

LGR Segunda División | CD Zalaeta 87-12 Muralla RC

O equipo masculino recibíu un duro pero lóxico correctivo na Coruña logo ter que disputar o encontro con tan só trece xogadores debido á crise de baixas coas que afrontou este inicio de ano nun plantel xa de por si moi curto.

Nun partido sen moita historia o Muralla caeu contundentemente con CD Zalaeta que foi o dominador claro do encontro. Aínda así, o Muralla intentou dar a cara e acadou dous ensaios na primeira parte do encontro obra de Cláudio Araújo e Felipe Flores, transformado un deles por Franco Cimino.

LGR S-14 Norte | Muralla RC 7-57 CR Ferrol

O equipo Sub-14 caeu tamén por un resultado de 7-57 ante un rival máis experimentado e mellor que serve para os sub-14 continúen coa súa aprendizaxe nunha tempada na cal os resultados non son o máis importante.

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: