265 participantes na Concentración de Rugby Base II Memorial José Domínguez ‘Tolón’

15 12 2017

Captura de pantalla 2017-11-21 a las 11.43.02

O Estadio Gregorio Pérez Rivera acolle hoxe a partir das 11:00 horas a Concentración de Rugby Base II Memorial José Domínguez ‘Tolón’ organizada polo Muralla RC e na que tomarán parte escolas de rugby de toda Galicia nas categorías Sub-6, Sub-8, Sub-10 e Sub-12.

En total participarán 11 clubes con 23 equipos, cunha cifra total de 265 participantes que encherán a herba do Gregorio Pérez Rivera dende as 11:00 ata as 14:00 horas.

A Concentración englóbase no circuito galego de Concentracións de Rugby Base organizado pola Federación Galega de Rugby e que se disputa cada mes cun clube diferente como anfitrión.

O torneo serve tamén como homenaxe a José Domínguez ‘Tolón’, un dos impulsores do rugby en Lugo e do Xabarín RC nos anos oitenta e tristemente falecido no ano 2013.

Unha vez rematado o torneo todos os participantes e acompañantes desprazaranse ao Pazo de Feiras e Congresos onde terá lugar o tradicional no deporte do rugby ‘terceiro tempo’ onde todos eles recuperarán forzas degustando produtos aportados pola empresa galega Coren que colabora co torneo para a continuación quen o desexe poder disfrutar do salón Xuvenlugo, nas propias instalacións do Pazo.

Ademais dos patrocinadores do Muralla RC e do sponsor específico para este torneo, Coren, o torneo conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo e coa empresa deportiva Deinde Sport, sponsor técnico da FGR que aportará os balóns do torneo.

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: