O Muralla non puido con Santiago 

3 12 2017

O Muralla RC caeu na súa visita a Santiago por 21-12 nunha mala primeira parte na que Santiago acadou unha vantaxe que o Muralla non foi quen de remontar.

O encontro comezaba con moitas facilidades por parte do Muralla en defensa con pouca orde e moitos fallos e imprecisións, situación que Santiago aproveitou á perfección con patadas ás costas da defensa que poñían en xaque aos visitantes.

Santiago acadaba deste xeito tres ensaios no primeiro tempo. Na reanudación o Muralla reaccionaba por medio do xogo da súa dianteira e lograba ensaiar en dúas ocasións por medio de Quique Díaz e Pablo Santos, pero Santiago respostaba cun golpe de castigo e cun Muralla lastrado nos derradeiro minutos por unha expulsión temporal que non era quen de darlle a volta ao marcador.

……

Santiago RC: Antonio Raso, Daniel Rodríguez (Jorge Mumary), Francisco Gallástegui; Brais Gómez, Tirso Gómez (Santiago Martínez); José Valdivia, Valentin Lemaître, Juan Parga (C); Xoán Mayo, Fikremariam Mendoza; José Gordon (Carlos Tilves), Kai Baltrusch, José Pérez, Amaro Ceruelo (Iván Veloso); Jaime Leiros.

– Ensaios: Valdivia, T. Gómez, Gordon
– Golpes de castigo: Mendoza (2)

Muralla RC: Vili Roca(C), Pablo Santos, Quique Díaz, Dani Sever, Fávio Araújo; Manuel Castro, Cláudio Araújo; Felipe Flores, Alfonso Rodríguez, Jared Syllá, Antón Fernández, Cristo Pérez, Dani Lago; Isma Crende (Anxo Miranda).

– Ensaios: Díaz, Santos
– Transformacións: Santos
– Sin bin: Díaz

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: