O Muralla buscará a vitoria en Santiago diante dun rival directo

1 12 2017

LGR Segunda División: Santiago RC vs Muralla RC

O Muralla RC enfróntase este sábado a Santiago RC na oitava xornada de liga co obxectivo de acadar a vitoria diante dun rival directo na loita polo campionato.

O Muralla ven de perder o primeiro posto tras caer na pasada xornada en Pontevedra, aínda que a cabeza da liga segue moi igualada con Fendetestas e Santiago con 24 puntos e Muralla terceiro con 23.

O Muralla segue na loita polos primeiros postos grazas a os dous puntos bonus acadados na pasada xornada nun partido que a pesar de disputar en inferioridade numérica todo o encontro, os homes adestrados por Alfredo Pintor a piques estiveron de remontar o partido no segundo tempo.

Santiago, cun equipo moi xove e que está a realizar unha boa liga tan só conta cunha derrota no seu casilleiro, precisamente diante de Muralla na primeira xornada da tempada. Pola súa banda, o Muralla está a acusar unha plantilla algo curta e baixas en partidos clave que están a facer que o rendemento do equipo este a ser algo irregular nesta primeira volta da liga.

O encontro terá lugar este sábado ás 16:00 horas no Campo de Rugby de Marrozos.

Tres xogadoras do Muralla na final da Segunda División do CESA

As xogadoras do Muralla, Paula Ben, Lucía Corrales e María Veiga foron seleccionadas para disputar coa selección absoluta feminina de Galicia a final da 2ª División do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) que se disputará este sábado ás 19:00 horas en Vilagarcía de Arousa diante da selección das Illas Baleares. A selección gañadora acadará o ascenso á Primeira División do CESA.

Galicia chega á final logo de acabar primeiras do seu grupo con dúas aplastantes vitorias diante de Asturias e Aragón, a última delas en Lugo.

 

 

 

 

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: