Vitoria traballada para o Muralla en Lalín 

19 11 2017

O equipo feminino do Muralla venceu por 25-32 nun moi disputado partido no que as lucenses tiveron que loitar para remontar no marcador.

O encontro comenzaba con dominio da dianteira de Lalín e con moitos erros en defensa por parte do Muralla. As locais acadaban dous ensaios por medio da internacional Rocío García que as poñía con vantaxe de 10-0 no minuto 18. O Muralla recortaba distancias cun golpe de castigo pateado por Iris Vega pero Lalín continuaba dominando co seu xogo de dianteira e volvían a pousar o oval en ensaio por medio de María Vilar e cun tanteo de 15-3 no minuto 25.

Foi nese momento cando o Muralla reaccionaba e empezaba a levar o ritmo do xogo acadando un ensaio no minuto 31 por medio de Sandra Calvo coa correspondente transformación de Iris Vega e outro ensaio máis ao filo do descanso da chairega Paula Ben que deixaba o partido en 15-15 ao final dos primeiros corenta minutos.

Nos primeiros intres do segundo tempo un novo ensaio da xogadora máis destacada das locais, Rocío García, adiantaba de novo a Lalín pero o Muralla seguía loitando e pasaba a desplegar o seu xogo e a dominar de novo en dianteira tendo máis balóns e gañando as melés, froito do cal chegaban tres ensaios en 12 minutos de Jessica Martín, que entraba no descanso, un deles transformado por Ana Iglesias, e que daban a volta ao marcador que reflexaba un 20-32 a dez minutos para o final.

Pero as locais non se rendían e a falta de 4 minutos un novo ensaio, o cuarto, de Rocío García deixaba o marcador no 25-32 final que lle permite ás mulleres adestradas por Edgardo Martínez manterse no primeiro posto acadando unha gran vitoria e un novo punto bonus nun duro e disputado partido.

Pola súa banda Lalín non marcha de baleiro do encontro a pesar da derrota xa que suma dous puntos na táboa, un punto bonus defensivo outorgado por perder por sete puntos ou menos, e un punto bonus ofensivo por lograr catro ou máis ensaios, nun gran partido tamén por parte das Abellonas.

CR LALÍN: Lucía López, Nery Restrepo, Laura López; Eva Fernández, Alexia Soto; Isabel López, Laura Rozas, María Vilar; Tania Martínez, Mariana Rodríguez; Nuria Diéguez, Beatriz Ledo (C), Rocío García, Rosa Saco; Begoña Blanco.

– Ensaios: García (4), Vilar.

MURALLA RC: Paola Pino, Coro Repullés, Paula Ben; Carmen Janeiro (C), Taylor Grzywacz; Alba Mur, Marta Castro, María Santos; Sandra Calvo, María Veiga; Raquel Fernández, Mariona Bordas (Jessica Martín), Lucía Corrales, Iris Vega (Vero Marí); Chelsea Neukum (Ana Iglesias).

– Ensaios: Calvo, Ben, Martín (3).
– Transformacións: Vega, Iglesias.
– Golpes de castigo: Vega

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: