Duelo no cumio para as mulleres do Muralla 

17 11 2017

Duelo no cumio para as mulleres do Muralla

O equipo feminino do Muralla visitará as terras do Deza na xornada do domingo para enfrontarse a CR Lalín no partido entre os dous mellores conxuntos da Liga Galega Feminina.

Lalín, actuais campioas da liga, parten como lixeiras favoritas ao contar cun equipo máis conxuntado por levar varias tempadas co mesmo bloque de xogadoras, nas que destaca a veterana internacional Rocío García. Pola outra banda as mulleres adestradas por Edgardo Martínez están a realizar unha gran tempada con moitas novidades no plantel e o reforzo de varias cesións de CRAT Coruña, polo que se prevé un duelo apaixoante no partido deste domingo.

Muralla lidera a táboa con 15 puntos seguidas por Lalín con 10, pero un partido menos, polo que acadar a vitoria é vital para ambos conxuntos que teñen como obxectivo o título de liga. Dito título quedará resolto logo dunha final que disputarán os dous primeiros ao final da fase regular da liga, na casa do primeiro clasificado.

O partido terá lugar este domingo 19 ás 11:30 horas no Campo de Barcia, Lalín.

Concentración de Rugby Base de A Coruña

A Escola de Rugby do Muralla viaxa o sábado á Coruña para disputar a segunda xuntanza de Escolas da tempada para nenos e nenas dende Sub-6 ata Sub-12, organizada por CRAT A Coruña.

Cabe destacar que a Escola do Muralla está medrando considerablemente e case dobla o número de licencias con respecto á tempada pasada para satisfacción do clube.

A concentración dará comezo ás 11:00 horas e está confirmada a presenza de case 300 nenos e nenas de clubes de toda Galicia e o Real Oviedo Rugby.

Advertisements

Accións

Información




%d bloggers like this: