O Muralla RC prepárase para o cambio de modalidade deportiva

28 12 2022

O Muralla RC, Muralla FC na vindeira tempada, prepárase para o cambio de modalidade deportiva pasando de rugby á modalidade de fútbol. Tras un longo proceso de meditación por parte de todos os estamentos do clube finalmente tomouse a decisión tras unha disputada votación na derradeira Asemblea Xeral do clube.

O proceso xa está en marcha coa maioría de xogadores optando por adaptarse ao novo deporte, proceso de adaptación no que o clube está tendo unha participación activa con diversos adestramentos e obradoiros enfocados a facilitar esta transición nos xogadores.

Durante esta semana celebrouse o Obradoiro de Ficción e Caída na Área Rival, impartido polo Centro Dramático Galego así como o curso Level II de Protestas ao Árbitro e Perda de Tempo.



Advertisement







A %d blogueros les gusta esto: